martes, 3 de mayo de 2011

presentación

Son Antón Borrazás, nacín na aldea de Loureda, Arteixo aló polo ano 54. As primeiras lembranzas de pureza visual, de olores e sabores que marcaron a miña infancia están no medio natural, que lembro en perfecta harmonía ca trinidade: Natureza, as labores do campo e o Ser Humano.

A pequena migración cos meus pais á vila da Coruña aló polos anos 60 do s.XX supuxo un quebranto nesa harmonía... pero na vila tamén comecei a miña formación, acadando o bacharelato. Uns anos nos que a nosa lingua, a lingua dun neno labrego galego falante era motivo de burla... pero adapteime, aprendín, como moitos outros nenos.

Logo a vida profisional foi como axente comercial ata que anos despois dirixín a miña propia empresa... pero esa é outra historia a que me había levar uns cantos anos despois de volta á aldea que me viu nacer, rodeado da natureza coidando as miñas ovellas e cabras, as galiñas... fun "parindo" poemas baixo os carballos, aqueles que o meu bisavó plantara moitos anos antes, agora cobíxannos a nós.

Hai algo que levo moi mal entre as redondas paredes que é este noso planeta: é a falta de xustiza.

Na miña poesía atoparás vivenzas cotiás e o meu sentir da vida.

Espero que chegues a gozar delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario