martes, 3 de mayo de 2011

Artaigo

Antón Borrazás


É a beleza finada pola cheminea de cuspe noxento...
que me abre en arcadas.

É a beleza estragada... polo ferro da entena,
cal frecha cravada no cumio do monte,
no entrante da terra... naquela mar brava.

E voa no ar... o espírito de Artaigo
doente co mal do home moderno.

O que estes fixeron...feríndome os eidos
con artes do demo...
fixen mal en morrer... debín ser eterno.

Que fillos deixei !
que semente ruín ! gardaba acó dentro...
acó...dentro de min;
e... non sei que facer !
Se voltar ó meu sono
ou ferilos a todos... con chispas de lume...
raios e tronos;
para que saiban da dor
e que sintan a mágoa
ó estragar a beleza...e manchar as areas de praia tan brava.

O que estes fixeron feríndome os eidos !
hei de ir ó inferno... e coller mala idea
e vortar a esta terra... e matalos a peidos.
Saberán, pois, de min... xa darei escarmento !
hei de durmir outro sono...cecais mar adentro,
sen que saiban da trama que lles hei argallar
que pensen que estou pescando no mar,
que sigan co mal do home moderno.

Pero... hei de voltar... xa darei escarmento !

E voa no ar...o espírito de Artaigo
remoendo amolado
e soprándolle ó vento.

Xa darei escarmento !... xa darei escarmento.


Poema do libro "En mares de coherencia" baseado no mito do fillo de Breogán, Artaigo.

http://www.facebook.com/profile.php?id=100002336903673 

No hay comentarios:

Publicar un comentario